Alfonso Rueda comprometeuse a un encontro entre os Bombeiros coas representacións das Deputacións e da Xunta a vindeira semana

por Redacción Galicia

Na xornada de hoxe pola mañá, o colectivo de bombeiros comarcais que se atopaba libre de servizo, repartiuse para acudir a distintos eventos que tiñan lugar na nosa xeografía.

Coincidindo coa apertura das portas da feira internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias en Silleda (SEDEXPO) un importante número de Bombeiros se presentaba no evento con faixas de “BOMBEIROS EN LOITA” e “A NOSA LOITA É A VOSA VERGOÑA”. A protesta, pacífica e respectuosa en todo momento, tivo un par de momentos tensos: o primeiro cando as forzas da orde, en resposta ao chamamento do director do evento, solicitaron a retirada das faixas do interior do recinto, que foron retiradas de xeito inminente e colocadas ás portas das instalacións.

O segundo momento foi cando na feira se presentou o Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que foi recibido polos bombeiros con gritos de “máquina” e “BOMBEIROS SOLUCIÓN”. A parte social dos traballadores, que vén de solicitar formalmente o cese do Director Xeral de Emerxencias, non quixo falar co político.

Distinta era a situación en Vigo, onde outro grupo de bombeiros comarcais tentaba buscar a oportunidade de cruzar unhas palabras co Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que accedeu a manter unha conversa co Presidente do Comité de Folga, Ángel Moldes. En dito careo conseguiuse o compromiso do Presidente da Xunta de establecer un encontro entre os Bombeiros coas representacións das Deputacións e da propia Xunta a vindeira semana.

Pola súa banda, en Lugo, co motivo da celebración do pleno da Deputación, un grupo de bombeiros acudiu a dito acto, resultando ser desaloxados tras entoar cantos de “BOMBEIROS SOLUCIÓN”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario