As mocións urxentes de Ponteceso non son para solucionar os problemas da Vila

por Óscar de Souto


Dende o Partido Político Veciñal UCIN Ponteceso denunciamos a nosa desconformidade cos temas sobre a mesa nos plenos urxentes no Consistorio Municipal , queixa compartida por outros grupos da oposición, mais aínda que só Carballido “ ten voz na Voz”, dende a prensa dixital independente e plural alzamos hoxe esta nova protesta pois entendemos que o Novo Goberno Municipal non se está tomando en serio as súas responsabilidades como xestores dos nosos veciños. Os políticos municipais foron elexidos para resolver os problemas do Municipio, non para apoiar a os partidos políticos nas súas loitas políticas, que nada teñen que ver cos problemas de Ponteceso.

No Pleno en vez de falar dos temas que ocupan e preocupan a veciñanza, queren falar do franquismo, democracia, Palestina e outras moitas cuestións relacionadas coa política a niveles nacionais e internacionais, cando todos sabemos que, a casa segue sen varrer. Non só perden o tempo con asuntos que nada teñen que ver cos problemas reais da veciñanza, senón que ademais atrévense a expoñer todo isto como ASUNTOS URXENTES.

Este é o resultado dunha coalición nefasta sen programas electorais que pretenden cobrar os seus soldos sen facer apenas nada no tempo que aguanten no mando deste municipio. Finalmente chegará esa moción de censura da que falan moitos veciños e chegará por unha necesidade imperiosa de reconducir a situación política e non por outras circunstancias menores. Estes novos líderes políticos queren dilatar o seu tempo de gobernación esquecendo a longa listaxe de problemas sen resolver dos que fai anos estamos predicando sen que ninguén teña a valentía de afrontar con solucións reais e con feitos. Porque as palabras sen feitos de pouco nos valen.

PUBLICIDADE

Unha leira con lama e pozas non é a solución real dos problemas de aparcamento, servizos básicos de auga e saneamento, inundacións e os seus posibles remedios preventivos, pagos de débedas e outros cen asuntos sen resolver parecen non ser interesantes para facer plenos de verdade para afrontar os asuntos que a cidadanía desexa que se vaian arranxando pero non parecen ter moita présa os reis do alto mando. Agardemos entón a moción de censura ou as vindeiras eleccións e soñemos cun municipio mellor e con mellores gobernantes no consistorio.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario