O BNG de Castro de Rei pide a revogación da edil María José López

por Redacción Lugo

Levarase, a través dunha moción, ao vindeiro pleno a petición de revogación por deixación de funcións

O BNG de Castro de Rei levara ao vindeiro pleno a revogación da concelleira do PP María Jose López por abandono das súas funcións.

María Jose López é a edil que no pleno de organización do pasado 17 de xuño foi nomeada polo Sr. Alcalde como representante do concello nos Consellos Escolares dos centros educativos de Castro de Rei, neste período non asistiu a pleno ningún dos consellos escolares dos centros educativos do municipio de Castro de Rei.

«Dende o BNG temos constancia que nin nesta lexislatura nin na anterior asistiu aos plenos do consellos escolares» algo que nos parece o suficientemente grave porque o concello non ten un interlocutor cos centros educativos para coñecer a súa realidade nin as posibles deficiencias que os centros poden ter e poden precisar axuda dende o concello.

Non pode ser que un concelleira diga nun pleno cando é preguntada pola súa non asistencia a ditos plenos que diga que as horas dos plenos non son compatibles co seu horario, entón que deixe o seu cargo a outra persoa que poida desempeñar esas funcións» conclúe Olga Garcia

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario