Gueimunde asume a presidencia do PP de Viveiro e deseña un equipo «para traballar e poñer coto ao desgoberno que temos»

por Redacción Lugo

«Polo que nos teñen que identificar é polo traballo, a sensatez, e a humildade»; valores que, engadiu, «están no ADN do PP e neste equipo que hoxe arranca»

●      Elena Candia puxo en valor «o tesón» da nova presidenta, destacando que «non me cabe a menor dúbida de que Viveiro está nas mellores mans» e agradeceu, ao igual que a nova presidenta, «a entrega e a xenerosidade política» da directiva saínte

●      A nova dirección está formada, ademais de pola presidenta elixida, por un vicepresidente, secretaria e vicesecretaria, 12 coordinadores de área, 17 vogais, 8 membros de NNXX, os membros natos e o presidente de honra, César Aja

●      Gueimunde tivo palabras agarimosas para as máis de 100 persoas que a arrouparon, así como para «o noso veciño, Jaime de Olano, a quen lle desexo moitos acertos e lle pido que continúe velando polos intereses do noso pobo e da Mariña»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario