O voceiro popular achegouse a coñecer o estado da rede viaria acompañado pola viceportavoz, Carmen José López, e os concelleiros do PP en Láncara.
- «A LU-P-2702 que comunica A Reboleira, Santalla de Lagos e Busto presenta importantes baches e socavóns froito do seu abandono por parte do goberno provincial» e a LU-P-5701 que comunica Sarria, Céltigos e Armea, «atópase nunha situación similar»
- Ameijide subliña que «o goberno da Deputación retira 300.000 euros no orzamento para 2024 ao mantemento de estradas provinciais», a pesar do seu «estado moi mellorable» que se nota en Concellos gobernados polo PP, polo PSOE e incluso onde veteranos deputados e alumnos avantaxados do PSOE lucense son tenentes de alcalde»
