A nova edición do calendario titúlase ‘a terra entre as mans’, e recolle imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias lucenses
A área de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo vén de editar o calendario de 2024 con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias de Lugo
Cristina López agradeceu a participación das 15 parroquias que se implicaron na elaboración deste calendario, e afirmou que «continuaremos con este proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo nos vindeiros anos».
Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación nos vindeiros días.
O calendario a terra entre as mans continúa co proxecto iniciado pola área de Participación a finais do 2019. Cada ano, elaborouse un calendario amosando a riqueza das imaxes almacenadas no arquivo municipal, con diversas temáticas cada ano.