PP de Foz. “Cajoto quere rirse dos focenses descontando 60 céntimos no vindeiro recibo da auga en compensación polos problemas da auga do verán”

por Redacción Lugo

Javier Castiñeira entende este desconto como unha burla de mal gusto por estar máis de 50 días sen poder consumir auga da rede de abastecemento e explica que pedirá a creación dunha comisión de investigación para buscar unha solución de consenso e real para compensar aos veciños de Foz.

  • O voceiro popular explica que todos os veciños de Foz recibiron unha carta na que o alcalde do municipio e a concesionaria do servizo explican que no vindeiro recibo se realizará unha bonificación dun 10% da cota fixa que pagan, que é de 6€
  • Castiñeira afirma que acudirán ao Valedor do Pobo se o alcalde de Foz segue negándose a compensar como se debe aos veciños e empresarios de Foz
  • O voceiro popular pide a Cajoto «que deixe de insultar á intelixencia de todos os veciños de Foz» e permita que entre todos se chegue a unha solución de consenso para dar unha solución axeitada para todos os afectados 
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario