O PP lamenta que «por falta de xestión o Parque Infantil de Tráfico acabe o ano pechado e sen actividade»

por Redacción Lugo

O concelleiro popular Enrique Rozas preguntará en comisión «cando será efectiva a incorporación do encargado do Parque Infantil de Tráfico logo de que finalizase o prazo para presentar solicitudes para a cobertura desta vacante»

  • Os populares tamén queren saber  “cal vai ser a data na que se abrirán estas instalacións; cal vai ser a programación e en que meses se vai desenvolver e que confirmen se recuperarán os cursos teóricos e prácticos e en que datas”
  • O pasado mes de setembro, o voceiro do BNG afirmou que “solucionarían a situación o antes posible e que cubrirían  a praza do encargado que se xubilou en decembro de 2022” (adxúntase acta)
  • Os populares explican que “é a primeira vez en 27 anos que se suspenden as actividades divulgativas e as prácticas deste circuito que no seu día foi modélico e unha referencia a nivel de toda España”
  • Por estas instalacións municipais pasaban cada ano 2.000 alumnos onde recibían cursos prácticos e teóricos de educación vial lembrando como as últimas actividades desenvoltas polo goberno local foron as clases teóricas que se impartiron no primeiro trimestre do pasado curso escolar (ano 2022) nos centros educativos que estaban inscritos no programa municipal

DATOS HISTÓRICOS PARQUE LÓPEZ MELLA

  • O Parque Infantil de López Mella fíxose cun goberno do Partido Popular, sendo alcalde Tomás Notario, e entrou en funcionamento no curso escolar do ano 1995-1996 con Joaquín García Díez.
  • Foi unha referencia a nivel estatal “alcanzou un nivel de excepción xa que se escolleu ata en dúas ocasións como ubicación para a celebración de dous campionatos de España de seguridade vial”
  • Rozas tamén lembrou que mesmo se aprobou unha  proposta do PP para cubrir a zona onde se fan prácticas de condución para que se puidera utilizar todo o ano e tamén sempre houbo unha excelente colaboración coa Jefatura Provincial de Lugo que ofrecía un soporte importante para a celebración dos cursos incluso con entrega de material.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario