A veciñanza de Segade na parroquia de Teixeiro no concello de Lugo están máis de que fartos de sufrir o desleixo da Concellería de Transición Ecolóxica e Impulso Rural de Lugo, dirixida polo socialista Miguel Fernández Méndez, polo que entre outras medidas de presión decidiron recoller sinaturas para solicitar o arranxo da pista municipal que leva a este lugar desde a N-640.
Entre veciños e usuarios da citada pista chegaron a xuntar 78 sinaturas que entregaron no día de hoxe, 12 de decembro, no rexistro municipal do Concello de Lugo.
Na folla de sinaturas expoñen que a pista que vai de Rozas a Segade, pasando por Roade, é o único acceso ás nosas vivendas e estando esta pista totalmente intransitable polas fochancas que nela se formaron nos últimos meses, circunstancia que dificulta o tránsito de todo tipo de vehículos polo que lle solicitan á citada concellería a inmediata solución deste problema mellorando o firme desta pista e así poder circular por ela.