Antonio Ameijide sinala que o anuncio da Vicepresidencia da Deputación «chega moi tarde e tras moitos meses coñecendo o problema» pero lamenta que «non sexa máis que un parche» porque «é necesario reparar a totalidade da cuberta e non un punto en concreto» xa que as goteiras están por toda a instalación: «se fosen por alí, saberíano»
O anuncio realizado pola Vicepresidencia da Deputación de que tramita a contratación urxente para reparar unha parte da cuberta do Centro de Artesanía “chega tarde e non é máis que un parche”, sinala o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, que onte visitou esta instalación xunto a concelleiro do PP en Lugo, Javier Vázquez.
Antonio Ameijide esixe a contratación da reparación de toda a cuberta xa que “durante a visita vimos como as goteiras están repartidas por todas as estancias do Centrad” polo que “se agora so reparan unha parte, o día de mañá as goteiras que hoxe son pequenas mañá provocarán humidades e posibles desprendementos do teito”.
Ademais, o voceiro popular amosou a súa satisfacción ao asegurar que “se as dúas visitas que realizamos nos últimos días ao Centrad serviron para que dende o goberno provincial realizasen esta tramitación, benvido sexa e, por suposto, que seguiremos na mesma liña para que se manteñan todas as propiedades da Deputación”.
Antonio Ameijide explica que a situación que presenta o Centrad, un edificio aberto ao público, “é moi perigosa” tanto para os traballadores como para os visitantes xa que “vimos como se produciron desprendementos no teito da exposición, polo que no estado actual de abandono ninguén pode asegurar que non se produza un novo desprendemento sobre un traballador ou visitante”.
Isto débese a que son numerosos os puntos dos corredores nos que hai cubos para recoller a auga das goteiras polo que “de seguir así, poden caer novos anacos do teito”.
A realidade é que o mantemento do Centro de Artesanía caeu no olvido do goberno de PSOE e BNG, que levan moitos anos mirando cara outro lado, sen realizar as necesarias obras, o que provocou que “coas choivas destas días, chova coa mesma intensidade no exterior e no interior do edificio”.
Antonio Ameijide urxe “medidas inmediatas” nesta instalación que é propiedade do Concello de Lugo pero que ten cedida á Deputación, xa que ademais da seguridade de traballadores e visitantes tamén hai que garantir que non se dana ningunha das pezas que se atopan neste centro, “todas de gran valor histórico e cultural”.
“PSOE e BNG non realizan ningún mantemento”
Este é un novo exemplo da total falta de mantemento que PSOE e BNG manteñen ao longo de toda a provincia en todas as súas propiedades, dende as estradas provincias ata o complexo turístico de Augas Mestas, en Quiroga, ou a Casa do Mar, en Cervo.
“Teñen moitos máis recursos, tanto económicos como de persoal, que os gobernos que fixeron realidade todas esas instalacións e infraestruturas, pero non son capaces de mantelas porque destinan os recursos unicamente a favorecer aos seus amiguetes, curiosamente sempre os mesmos concellos da provincia, co que discriminan a máis da metade dos lucenses”, denunciou.