A Xunta colabora coas asociacións de veciños de San Fiz e Montirón para organizar actividades infantís no Nadal

A Xunta colabora coas asociacións de veciños de San Fiz e 101-2 de Montirón (Lugo) na organización de actividades dirixidas a público infantil e familiar este Nadal. O delegado territorial, Javier Arias, informou do programa na Delegación Territorial da Xunta acompañado de Alba Barral, en representación do colectivo veciñal de san Fiz.

As actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude de Lugo o martes 26 e o mércores 27 de decembro, en horario de 16,30 a 18,30 horas. Haberá contacontos navideños, panxoliñas e obradoiros de Arte en Nadal. As persoas que queiran apuntarse poden reservar praza chamando ao número de teléfono 690.698.036.

Comparte éste artículo
No hay comentarios