As mariscadoras de Cabana aumentan a cota do berberecho en plena crise marisqueira

por Óscar de Souto

Sorprende a todos o anuncio en prensa desa nova suba na cota de berberecho para a Asociación de mariscadores do esteiro do rio Anllóns con sede no Concello de Cabana de Bergantiños que pasan dunha cota máximo de 30 kg de berberecho por mariscador e día, a 50 kg e aumentando tamén a 4 kg o de ameixa fina.

Esta agrupación de tan só unhas trinta persoas en activo é o paradigma galego das explotacións marisqueiras, xa que son moitas confrarías con mais persoas traballando levan pechadas todo o mes de decembro por falta de marisco nos seus malogrados bancos marisqueiros, polos efectos da riada e ou por múltiples problemas como que os berberechos infectados polo parasito ‘Marteilia cochillia’ morren de inanición por toda Galicia.

En Vilanova, Pontevedra, pararon xa a mediados de decembro e noutras Confrarías pediron xa o cese. O tope mínimo nas que seguen abertas está en medio kilo de babosa ó día, sete kilos de japonesa, 1 kg de fina e 1kg de berberecho, aínda que non se chegaban a cubrir estas cotas no caso de berberecho e fina. Zona catastrófica en case todas as rias baixas e cota minúsculos debido a estes problemas e, namentres, Bergantiños  xoga na primeira división na extracción de marisco de cuncha. Estamos sobrados. E feliz fin de ano a todos os lectores.

Foto portada. Pablo Fariña

Comparte éste artículo
2 Comments