Precampaña Xunta 18F en catro X. División na esquerda e Rueda dando golpes de peito na Catedral por non poder saltar de alegría

por Colectivo Cataburlas

Optimismo de Rueda para percorrer camiños. A escalada comenza o 1 de xanerio e remata o 18F. Primeiro porto subido, a esquerda galega dividida en tres porcións, máis o BNG. Alfonso Rueda na Catedral dando golpes de peito, por non poder dar saltos de alegría.


BNG e Sánchez pactaron rebaixas na peaxe da AP-9 e un desconto nas taxas de circulación na AP-53 (entre Santiago e o concello pontevedrés de Dozón). O luns as peaxes terán un aumento do 6,55 % s os da AP-53 en un 5,07 %.

Optimismo puro teñen todos antes das eleccións autonómicas, despois a finais de febreiro aínda que gañen e lembrémoslles as súas promesas, dirannos contentos: ¡Témolo en carteira!. Nisto están de acordo todos e seguramente calquera que triunfe dos tres tenores, contestará igual: ¡A carteira manda!

Hoxe o Apóstolo fixo un milagre, a esquerda galega dividida. PSOE, SUMAR, PODEMOS. Agardemos para ver o que ordena o pobo o 18F.

Comparte éste artículo
1 Comment