Ecoloxistas en Acción denuncia un arboricidio en Cee

por Redacción Galicia

Sete álamos de máis de medio centenar de anos foron tallados no concello de Cee, na finca que rodea ao edificio do antigo instituto Agra de Raices.  

O concello de Cee alega que a causa da talla foi por seguridade, máis Ecoloxistas en Acción sinalan que non se fixo o correspondente estudo que xustifique  actuación e que o concello non estudou alternativas menos lesivas.

«Estamos a falar de 7 grandes exemplares de máis de 50 anos cun tronco superior a un metro de diámetro. Non se pode tomar tan a lixeira a decisión dunhs corta indiscriminada como a que se fixo«, denuncia Eloy Pérez, voceiro de Ecoloxistas en Acción. 

O concello indica que haberá unha replantación, mais a organización ecoloxista indica que os beneficios ecosistémicos que aportan as árbores adultas de gran porte non son sustituibles por árbores novas, especialmente nun esceario de emerxencia climática no que nos atopamos actualmente.

Por iso, instan ao concello de Cee a non repetir este tipo de actuacións arbitrarias e nocivas e agardan que no futuro se teña en conta o importante valor que aporta o arboredo urbán.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario