Decapitacións salvaxes e sen xeito eliminando o único refuxio climático co que contaba o barrio da Ponte en Ourense. Despois de soportar un verán extremadamente seco (estrés térmico e hídrico) nunha das piores épocas do ano nas que realizar podas o Concello de Ourense acaba de cometer o seu enésimo arboricidio esnaquizando estes «plátanos de sombra». Esta vez tocoulle a pequena alameda que hai nas Caldas (Barrio da Ponte).
Mentras as cidades están reverdecéndose e coidando do seu patrimonio arbóreo, en Ourense segue afondándose na desfeita dos poucos espazos verdes cos que conta.
Un concello gobernado por negacionistas e desequilibrados.
URXE que tanto os partidos que apoian ao Sr. Alcalde e as súas «arroutadas» e actuacións sen sentido asi como os partidos da oposición fagan fronte a desfeita da cidade e do seu patrimonio do contrario…
Profunda mágoa
Amigas das Árbores: Arboricidio en Ourense
No hay comentarios
No hay comentarios