Pechado o parque comarcal de Chantada. #Bombeirosenloita

por Redacción Lugo

Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo, que preside o presidente da Deputación, José Tomé, dos tres efectivos que son necesarios para dar cumprimento aos servizos mínimos, este sábado só se presentaron a traballar dous efectivos no parque de Chantada, xa que un deles non acudiu ao seu posto de traballo sen xustificación algunha.

O Consorcio intentou facer mobilidade dende outras bases, pero non foi posible porque todas cobren os servizos mínimos.

Avisados mediante comunicación certificada os retén designados no cuadrante para os diferentes parques, tampouco se presentaron.

Ante esta situación, o Consorcio decidiu reubicar aos dous efectivos de Chantada, no parque de Monforte de Lemos, desde onde se atenderán as posibles incidencias.

O parque de bombeiros de Chantada non prestará servizo ata mañá as 9:00  horas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario