A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha concentración en Lourenzá pola ausencia total e continuada de pediatra

por Redacción Lugo

Será na Praza do Conde Santo o domingo 21 de xaneiro ás 12 horas.

A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha concentración o vindeiro domingo 21 de xaneiro na Praza do Conde Santo ás 12horas . Esta mobilización responde á falta de pediatra na localidade  de xeito continuado. O servizo de pediatría préstase de xeito compartido entre as localidades de Mondoñedo, Barreiros e Lourenzá, correspondéndolle  a Lourenzá consulta de pediatría un día á semana. A pandemia foi a escusa perfecta para o Sergas para eliminar o servizo nesta localidade e a día de hoxe continúa sen restablecerse .

Máis as  eivas en pediatría remóntanse a moito tempo atrás, con ausencias  non substituídas, prolongadas no tempo e que xa foron obxecto de mobilizacións nas tres localidades afectadas, con recollida se sinaturas e reclamacións colectivas. Segundo explica a coordinadora do colectivo ,Montse Porteiro,  centos de familias reclamaron cobertura de pediatría cando o titular estaba ausente por mor de permisos ou baixas , máis non só non fixeron caso omiso, senón queagora a ausencia de pediatra  en Lourenzá e total e continuada. Por iso esiximos ao Sergas que restableza íntegramente o servizo de pediatría, tanto en Lorenzá como no resto de localidades da Mariña onde persiste este grave problema , “ xa que contar con pediatras nos centros de Atención Primaria non é ningún privilexio , senón un servizo básico que garante  a normalidade na asistencia sanitaria e que está a ser desmantelado polo goberno da Xunta “.

Desde o colectivo sanitario  animamos ás familias e veciñ@s  tanto das localidades afectadas coma do resto da comarca , a que acudan á concentración do vindeiro domingo en demanda da reposición do pediatra  nesta localidade , así como da normalización do mesmo nos otros concellos nos que comparte a asistencia. Igualmente reclamamos que se cubran as prazas de pediatras ou se substitúan as ausencias  no resto de centros de saúde da comarca onde non se deu solución aínda .

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario