A Asociación Sociocultural Galego Cubana Xuntos con Cuba de Lugo dirixiuse formalmente ao alcalde de Láncara para reclamar a súa intervención na defensa do busto dedicado a José Martí, instalado no concello con motivo do centenario do nacemento de Ángel Castro. A entidade considera que este monumento constitúe un elemento de alto valor histórico para a vila e unha homenaxe á figura universal do Apóstolo e heroe nacional de Cuba.
Neste sentido, a asociación advirte de que calquera intento de retirar, danar ou desvirtuar a escultura suporía un ataque directo contra a memoria colectiva e a liberdade de expresión cultural.
Unha figura que transcende a confrontación política
Desde a plataforma lembran que a obra e o pensamento de José Martí —recoñecido internacionalmente pola súa defensa da soberanía dos pobos, a xustiza social, a educación e a dignidade humana— forman parte inseparable da historia universal da liberdade.
A entidade cualifica de inaceptable que a figura do escritor e político sexa empregada como obxecto de disputas políticas locais. Sostén que as discrepancias ideolóxicas actuais teñen outros espazos de debate e que a retirada do busto responde a unha confusión deliberada da figura histórica de Martí con intereses conxunturais. A asociación subliña que o monumento representa a unión e os lazos históricos existentes entre o pobo galego e o cubano.
Llamamento ao diálogo e á conservación
Xuntos con Cuba reiterou a súa disposición ao diálogo co goberno municipal, pero amosouse firme ao sinalar que non aceptará que a figura de José Martí sexa obxecto de ataques nin que se tente