A Xunta destaca o labor das resonancias magnéticas móbiles do Servizo Galego de Saúde

por Redacción Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, resaltou o labor das resonancias magnéticas móbiles do Sergas durante a súa visita desta mañá ao Hospital do Salnés, onde o equipo presta servizo a pacientes desta comarca do 12 ao 23 de xaneiro. Na súa visita o conselleiro estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, do xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, da nova directora do distrito sanitario do Salnés, Encarnación Lucas Bermejo, e da xerente de Galaria, Rocío Mosquera.

Estas unidades móbiles desprázanse cada mes ata os sete hospitais comarcais públicos galegos, garantindo a igualdade asistencial para aquelas persoas que viven lonxe dos seus centros de referencia. Con isto, entre outros beneficios, afórranse milleiros de quilómetros de desprazamento e reducindo o custo social e económico que supoñen estes traslados.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario