Podemos Galicia propón o “modelo Telefónica” para garantir os postos de traballo de Alcoa

por Redacción Galicia

A formación plantexa que o «futuro goberno de cambio da Xunta» participe do accionariado da empresa que consideran «estratéxica»

Podemos Galicia plantexou que a Xunta pase a ter participación pública en Alcoa mediante a compra de accións da entidade «para garantir que a empresa cumpra cos seus acordos».

A candidata Isabel Faraldo argumentou que existen precedentes inmediatos «como o de Telefónica» onde o Estado pasou a formar parte do acciaonariado da empresa. Para a aspirante morada á Xunta de Galicia, «son prioridades estratéxicas de primeiro orde tanto que a última planta de aluminio primario que queda no Estado retome a produción, como garantir os postos de traballo que xera. O que plantexa a empresa sería devastador para a economía da comarca».

Faraldo considera que «o precedente de Telefónica é válido tamén para coidar dos intereses estratéxicos de Galicia» e considera que a Xunta «condenou a este país a pasar 15 anos sen política industrial». «Se a empresa non cumpre cos seus acordos, terá que ser a propia Administración a que asuma a responsabilidade de resolver o problema».

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment