Os populares consideran que «ser socialista e falar de infraestruturas na Mariña é ter bastante atrevemento»
- Balseiro lembra que «a A-74 que deixou planificada o Goberno do PP, está estancada polo Goberno de Sánchez e a variante de Viveiro, non avanza polo bloqueo do goberno local de PSOE e BNG»
- Os populares condenan «a discriminación a Galicia que se aprecia coa liña de FEVE» e que «as obras das depuradoras de Foz e Burela estean paralizadas por Costas do Estado, a pesar de que a Xunta ten presuposto para executar os proxectos»