Os sindicatos subliñamos que, a pesar de que xa LOE, LOMCE e LOMLOE estableceron a equiparación salarial entre o persoal docente do ensino concertado e do ensino público, estas non se están cumprindo. Esiximos, polo tanto, a apertura de canles de diálogo e debate, así como a derrogación de certas disposicións legais que impiden melloras salariais. Concretamente, a prohibición de aboamento da Paga Extraordinaria de Antigüidade e de categorías funcionais como a xefatura de departamento, titoría, coordinación dos equipos de normalización de Lingua Galega e a prohibicións do aboamento de 45 euros brutos mensuais e incremento do 2 % interanual no Complemento Retributivo da Comunidade Autónoma.
Outro punto de preocupación é a situación da xubilación parcial no ensino concertado en Galicia, unha medida laboral esencial que, malia as promesas previas, aínda non se implementou. Aproxímanse unhas eleccións, o que xera inseguridade entre o persoal que agardaba a introdución desta medida.
Finalmente, alertamos sobre o impacto negativo da mala xestión dos aumentos de rateos, derivados de antigos acordos de mantemento de emprego, que afecta gravemente os traballadores e traballadoras, que sufrirán as consecuencias en forma de despedimentos. Desta situación responsabilízase aos centros educativos e ás patronais, así como á falta de acción da Administración.
Neste contexto, UGT-SP, CCOO, USO e SNEP, como sindicatos con representación no ensino privado de Galicia, instamos a unha xuntanza coa Consellería para tratar estes temas críticos, co obxectivo de establecer un itinerario de diálogo e negociación que permita mellorar mellore as condicións laborais e sociais do sector.