En nome da Coordinadora «Eólica Así Non», conformada por máis de 200 colectivos galegos, trasladamos hoxe en rolda de prensa unha serie de reclamas ás formacións políticas candidatas a gobernar a Xunta de Galiza dirixidas a que o futuro goberno de Galiza promova un novo modelo enerxético ao servizo do país, planificado, equilibrado, xusto e sustentábel. As propostas da Coordinadora para un novo modelo enerxético foron recollidas no Decálogo de conclusións xurdido das Xornadas «Temos Alternativa» celebradas o ano pasado en Pontevedra, nas que se reuniron os sectores organizados da sociedade galega para consensuar o modelo enerxético alternativo para Galiza.
Xunto co comunicado, acompáñase o decálogo de conclusións e propostas para o novo modelo enerxético galego e un par de fotografías da rolda de prensa celebrada hoxe en Santiago de Compostela, na que participaron varios colectivos e plataformas membro da Coordinador «Eólica Así Non».