O PP pide ao goberno local  que informe das xestións realizadas sobre  a cesión do treito da N-VI ao seu paso polo núcleo de Nadela

por Redacción Lugo
  • Ameijide tamén recrimina “a falta de transparencia” sobre este asunto “ou ben é porque non fixeron nada durante anos e nos mentiron, ou ben, porque queren ocultar que o goberno central non lles fai caso pese a que son da mesma cor política”
  • En xaneiro de 2023 o Grupo Popular preguntou en que punto se atopa a cesión dun treito da N-VI ao Concello de Lugo, concretamente no tramo que transcorre por Nadela para darlle un tratamento urbano
  • Daquela o que contestaron foi que estaban “en plena fase de negociación e que estes contactos os levaba, de forma directa, Lara Méndez” aclarando que se “nos darían retorno das conversas co Ministerio” (adxúntase acta)
  • O Grupo Popular xa pediu en varias varias ocasións a humanización da N-VI xa que esta vía é unha das portas de entrada ao municipio.
  • O concelleiro Antonio Ameijide explica que “o feito de que a vía sexa nacional marca uns condicionantes máis estrictos á veciñanza á hora de facer intervencións, ou simplemente para habilitar un paso de peóns”
  • Tamén argumentan que “o feito de conseguir a titularidade da totalidade do tramo da N-VI que transcorre polo municipio permitiría avanzar na conexión da trama urbana da cidade coa zona fluvial, sempre tendo en conta a prioridade de preservar o entorno para o desfrute dos cidadáns”.
  • O popular lembrou como recentemente PSOE e BNG votaron no pleno en  contra de algo tan simple como acender as farolas propiedade do Ministerio na entrada de Lugo á altura, precisamente, a la altura de Nadela.
Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario