A Deputación organiza no Centro de Interpretación Terras do Miño un taller práctico sobre reciclaxe dirixido a docentes

por Redacción Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou a tarde deste mércores na inauguración do taller de Reciclaxe, Reutilización e Recuperación organizado polo Centro de Interpretación Terras do Miño, de titularidade da Deputación de Lugo. Trátase dunha formación práctica dirixida a docentes para promover o coñecemento e a conciencia ambiental nas aulas co obxectivo de contribuír a un futuro máis sostible.

O Deputado Pablo Rivera deu a benvida aos participantes, neste caso docentes do IES Xoán Montes, e destacou que este obradoiro “non é simplemente un evento puntual, senón unha acción formativa con vocación de continuidade”. Engadiu que “o simple feito de fabricar un xoguete, como  a actividade desenvolvida neste obradoiro, usando material de refugallo, ten un valor por si mesmo porque cando a este acto se engaden fins educativos lógrase unha experiencia de aprendizaxe máis enriquecedora e amena”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario