Outro día memorable, 146 participantes de moi diversas procedencias en Rábade, na VI xornada viaxeira «Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía».
De toda Galicia e tamén de fóra achegáronse persoas animadas a descubrir o patrimonio histórico e cultural deste sexto concello participante do programa organizado polo GDR-4 e o Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa. A gastronomía local e a música tradicional foron novamente protagonistas.
A vindeira xornada será no Corgo o sábado 6 de abril, e as inscricións poden facerse gratuítamente no correo info@comarcadelugo.gal ou no teléfono 982238000