XXXIV edición da Festa de Filloa de Muimenta, celebrarase o xoves primeiro de maio

A Festa da Filloa de Muimenta, ten a consideración de Intereses Turístico de Galicia por parte da Xunta de Galicia dende o 20 de febreiro do 2008. No ano 2023 foi recoñecida co Premio á Excelencia Turística da provincia de Lugo, e as súas filloeiras e filloeiros coa V ao Veciño Exemplar.

En primeiro lugar, lembramos que segue aberto o prazo, ata o vindeiro xovespara apuntarse para a VII edición da Escola de Filloeiros e Filloeiras de Muimenta, que terá lugar o vindeiro sábado 22 de marzo, a partir das 15:30 horas, no Recinto Feiral “Manuel Vila”. Pode facerse tanto no teléfono da MOEXMU (982 504 002) ou en Mercería Teresa, antes do xoves 20/03. A asistencia á escola é totalmente GRATUITA.

Este ano, comeza unha nova actividade dentro do programa de actos da Festa da Filloa, coa idea de que esta perdure no tempo: convidar a outras Festas Gastronómicas da Provincia a que participen o vindeiro primeiro de maio. Unir esforzos, compartir sinerxias e axudar a promoción das mesmas na comarca da Terra Cha son os principais motivos para poñer en marcha este novo proxecto.

Neste primeiro ano, convidouse a dous eventos que se celebran na zoa da Mariña Lucense:

✓ VI Festa da ENFARIÑADA de Trabada.- que se celebrará ao domingo da Festa da Filloa de Muimenta: o catro de maio, Con estaFesta, que comezou o seu camiño no ano 2018, o Concello de Trabada pretende recuperar unha tradición con moita historia na súa terra e que se elabora con ovos, leite, auga, fariña e sal. Este prato, transmitido de xeración en xeración (como a Filloa de Muimenta), mantivo viva esta tradición culinaria, que durante moitos anos, sirviu de recurso esencial para alimentar ás familias da zoa. Medio centenar de veciños e veciñas do Concello participarán o vindeiro primeiro domingo de maio (Día da Nai), dende primeira hora da maña, na preparación da Enfariñada (pola zoa, tamén se pode denominar“faragullos”). Ao igual que a veciñanza de Muimenta, o fan de maneira desinteresada, colaborando deste xeito e dar a coñecer e promocionar un típico producto da súa comarca. Por outra banda, as cuncas coas que se van a repartir a racións, están fabricadas polos rapaces e rapazas da Asocaición de Saúde Mental de A Mariña, as cales son mercadas polo Concello de Trabada. As similitudes entre ambas celebracións (Muimenta e Trabada//Filloa e Enfariñada), son máis das que moitos pensaban: case os mesmos ingredientes e a mesma colaboración da veciñanza. Para máis información particular sobre dita celebración, podedes poñervos en contacto do Alcalde de Trabada (Don Rubén García Freije, no teléfono 677 118 521).

✓  IV Festa Degustación do Requeixón de Vilamartín Pequeno (Barreiros) – dende a “Asociación Cultural e de Festexos Terras de Vilamartín” no ano 2022 decidiron activar dito proxecto coa finalidade de por en valor un producto moi presente na idiosincrasia culinaria de Galicia e que toma como base a materia prima que sustenta gran parte das economías doméstica de dita aldea: o leite. Dita celebración, que terá lugar o sábado 14 de xuño e faise coincidir coas Festas Patronais de dita parroquia. Comeza cara a media maña, expoñendo o producto en diferentes formatos e envases, coa posibilidade de ser adquirido polos asistentes e convidados. As vintena de casas da parroquia, participan na súa celebración eleborando o Requeixón, basado na experiencia das súas veciñas. Remátase cun xantar popular a base de empanada, xamón cocido, polbo e como non, requeixón. Unha aldea pequeña que, con moitas gañas e ilusión, e ao igual que Muimenta, traballan polo seu apego e amor polo rural e polo pobo que nos viu medrar. Para máis información sobre esta celebración, podedes poñervos en contacto coa súa organización (Yoni Peña Bermúdez, no teléfono 659 948 252)

Como comentamos anteriormente, esta nova actividade no programa da Filloa, nace coa idea de que perdure no tempo e ir convidando a outras celebracións gastronómicas que se celebran na nosa provincia para axudar a súa promoción e divulgación e tamén compartir sinerxias e ideas entre as mesmas.

A organización da Festa da Filloa recae nas comisións da #MOEXMU, e colaboran tanto o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo (áreas de Turismo e Cultura), a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e numerosas empresas e particulares.

Comparte éste artículo
No hay comentarios