As persoas que cotizaron en Suiza, a partir do 2026, terán unha decimoterceira paga. (Vídeo de José Abelenda)

Suiza decide en votación democrática dar unha decimoterceira paga a todos os pensionistas que cotizaron no país Helvético a partir do 2026. Un 60% dos votantes fixérono a favor desta medida que decidiu mediante sufraxio e beneficiará tamén a todos os galegos que traballaron en Suiza e cobran pensión do país helvético.

Outra das propostas que se votaban en Suíza, era aumentar a idade de xubilación aos 66 anos, o 75% votou en contra.

José Abelenda, numero 1 de BNG Suiza, dá as grazas a todas as persoas que votaron para que este feito histórico producísese, que beneficiará a todas as persoas que cotizaron en Suíza, entre eles, miles de galegos que contarán con esta importante achega económica a partir do ano 2026.

Comparte éste artículo
No hay comentarios