- Resulta moi chamativo que organicen unha visita oficial VETANDO ao Partido Popular a acceder a esta dotación cando “curiosamente onte mesmo rexistramos un escrito informado de que iríamos a ver o edificio logo de que non contestasen ás peticións formuladas o 10 de xaneiro e o 14 de febreiro”
- A popular Silvia Colmenero explicou que “é sobramente coñecida a postura do PP sobre a inaceptable espera para que se abra esta dotación cultural cuxa acta de recepción asinou a actual alcaldesa Paula Alvarellos en xuño de 2020”
- Tras dous anos, co edifico pechado e sen ningún tipo de mantemento, en novembro de 2022 o goberno local identifica desperfectos e anuncia que ten o diñeiro para facer as reparacións e que en 4 meses se subsanarán e fixa como data de apertura o 30 de Abril 2023, curiosamente coincidindo con campaña electoral.
- Posteriormente houbo modificacións do proxecto retrasando a novembro de 2023 a sinatura da acta de recepción, prazo que se amplia en 15 días porque detectan novas deficiencias a subsanar.
- “Os CATRO MESES que anunciaron en novembro de 2022 para reparar deficiencias convertíronse en TRECE MESES” reflexionaba a concelleira popular
- Finalmente o goberno local recoñece no PLENO DE DECEMBRO, que o edificio do Auditorio de Magoi estaba listo para a súa apertura.
- Os populares pregúntanse “canto tempo máis terá que pasar para que o PSOE e o BNG nos sigan privando aos lucenses destas instalacións? Cantas excusas máis teremos que escoitar do goberno local propietario dende hai 45 meses do Auditorio de Magoi?”