Así se abordou nunha reunión presidida polo presidente, Ramón Carballo, e a presidenta provincial, Elena Candia
Agradecen o esforzo e dedicación aos 360 apoderados e interventores mobilizados no municipio para as eleccións autonómicas
O PP local de Lugo perfila o programa de traballo para os próximos meses e inicia unha campaña de afiliación. Así o acordaron no transcurso dunha xuntanza, que estivo presidida polo presidente, Ramón Carballo, e a presidenta provincial, Elena Candia, e na que participaron “destacados colaboradores nos distintos procesos electorais que tivemos nos últimos meses”, afirma a dirixente popular.
Deste xeito, tanto Carballo como Candia poñen en valor o esforzo e dedicación dos 360 apoderados e interventores mobilizados pola formación popular no ao longo do municipio tantos nas autonómicas, coma nas xerais de xullo e nas locais celebradas en maio.
“Estamos no bo camiño. Os resultados trasladan que somos o Partido preferido tanto na zona urbana de Lugo como no rural. E todo elo é tamén grazas ao esforzo e dedicación dos nosos colaboradores. Sen eles, non sería posible”, destaca Candia.
“NON NOS CONFORMAMOS”
Neste senso, a popular indica que “non nos conformamos”. Por iso, apunta, “seguiremos trasladando o noso proxecto político á cidadanía, co fin de seguir ampliando a gran familia que xa somos no Partido Popular”. A presidenta provincial recoñece así que “xa estamos engraxando a maquinaria” de cara ás vindeiras municipais.