O Concello de Lugo sumouse hoxe á homenaxe promovida pola Fundación Miguel Ángel Blanco con motivo do XXIX aniversario do asasinato do concelleiro de Ermua, unha iniciativa á que se adheriron numerosos concellos de toda España para lembrar a súa figura e render tributo a todas as vítimas do terrorismo.
O acto celebrouse na Praza Maior, o mesmo espazo onde, no mes de xullo de 1997, centos de lucenses se concentraron para expresar a súa condena polo asasinato de Miguel Ángel Blanco e a súa defensa da liberdade e da democracia.



Durante o acto procedeuse á lectura do manifesto elaborado pola Fundación Miguel Ángel Blanco, seguida dunha ofrenda floral ante a imaxe do concelleiro de Ermua e dun minuto de silencio en recordo de todas as vítimas do terrorismo.
Con este acto, o Concello de Lugo reafirma o seu compromiso coa memoria das vítimas do terrorismo, co recoñecemento da súa dignidade e coa defensa da liberdade, da convivencia e dos valores democráticos que sustentan a nosa sociedade.
Dende o concello de Lugo agradecen a participación de todas as persoas que se sumaron a esta homenaxe e destacou a importancia de manter viva a memoria de quen sufriron a violencia terrorista, como un exercicio de respecto, xustiza e compromiso coa democracia