Constitúese a plataforma “Vigo verde -Salvemos a Barrorca” para rexeitar a talla da Carballeira de Casaliños en Navia, Vigo

por Redacción Vigo

Conformouse en Vigo a plataforma «Vigo verde -Salvemos a Barrorca», integrada por asociacións ecoloxistas, culturais e sociais da cidade, co fin de impedir a corta da Carballeira de Casaliños para desenvolver o proxecto Vigo Arena.  

«Este mesmo domingo 17 de marzo, a plataforma  «Vigo verde -Salvemos a Barrorca» organiza da man do Colectivo Cova a súa primeira protesta, unha acción artística de participación cidadá na Carballeira de Casaliños para amosar o seu rexeitamento á posible corta desta carballeira.», sinala Xaquín Pastoriza, coordinador de Ecoloxistas en Acción Vigo, entidad integrante da plataforma.

Carballos, salgueiros, loureiros e amieiros constitúen un bosque aluvial situado no barrio da Barroca, que estaba contemplados como espazo verde na aprobación inicial do PXOM e pasaron a ser considerados como equipamento na aprobación provisional que fixo o concello de Vigo o pasado 28 de decembro, cando xa non se podían presentar alegacións e a veciñanza de Navia se entera pola prensa da posible construción nese espazo do proxecto VIGO-ARENA.

A plataforma, recén creada, tilda de irresponsable e de dubidosa legalidade que se destrúa a paisaxe natural e as poucas zonas verdes que xa quedan en Navia.  A esta queixa engaden a dubidosa protección dos humedais de Fontes Pertegueiras incompatible coa dimensión proxectada do VIAL e da rotonda xigante e aérea que se pretende construír na Avenida de Europa.

Desde a plataforma demandanan outro modelo de crecemento que contemple o aproveitamento do chan xa construído e en estado de abandono no centro da cidade, en troques de recorrer sistematicamente a destrución de zonas forestais, a protección das masas arbóreas existentes tan necesarias para a regulación do clima (lembramos que Vigo foi expulsada de cidades polo clima) e outras funcións ambientais como a regulación da calidade do ar que respiramos e a preservación do hábitat para moitas especies así como a necesaria conservación dos últimos humidais na contorna de Samil, a mobilidade sostible e a non duplicidade de infraestruturas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario