O desastre ambiental anunciado de Altri en Portugal

por Óscar de Souto

As promesas de miles de empregos nas tres empresas dependentes de Altri en Portugal quedaron en apenas 500 postos e o fume desas promesas transformouse en fume real, augas negras sen osíxeno, peixes, crustáceos e mariscos mortos, denuncias ambientais e un amplo relato de catástrofes.

O Ministerio de Medio Ambiente de Portugal recoñecía que, a pesar da mellora observada tras as medidas extraordinarias adoptadas a finais de xaneiro, os valores de osíxeno na auga “aínda non alcanzan os valores normais para a tempada”. O despacho de João Matos Fernandes tamén recoñecía que “os problemas de calidade da auga comezaron a notarse en 2017”. Despois de anos de denuncias ambientais a resposta foi intensificar as actuacións de inspección e vixilancia da calidade das augas e dos principais verteduras de efluentes e promover un estudo do perfil da masa de auga. Pero só despois de que a escuma branca, “a febre do río Tajo” da que falou António Costa, (Primeiro Ministro socialista daquel ano) saíu á palestra, e tomaron medidas máis drásticas contra as industrias contaminantes e a prohibición do eucalipto. O Presidente Costa deixou, por vontade do pobo, o seu cargo o 29 de marzo de 2024, despois dunha longa traxectoria política, e perderon as eleccións, e precisamente foi este un de tantos motivos para o cambio político que xirou a dereita.
Plantar máis eucaliptos para abastecer de materia prima a estas industrias da celulosa causou incendios históricos con persoas mortas, queimadas vivas, e pobos devastados polas lapas, incendios que foron noticia a nivel mundial. Eses montes de eucalipto axudaron ó cambio climático a perda de auga no caudal do río Tejo, (Tajo en castelán), que despois de recorren mil quilómetros por territorio español acaba en Lisboa no meirande esteiro do País. Beben auga os eucaliptos e as fábricas de Altri máis non só foi esa diminución de auga a causante da mortalidade dos seres vivos do baixo Tajo e do esteiro, as augas con exceso de celulosa e a “escoria” sobrante cambiou a cor da auga que deixou de ser transparente e adquiriu unha cor negra decorada de escumas de orixe artificial. As bacterias alimentáronse desas partículas e, de paso, deixaron sen osíxeno a auga do leito fluvial ata que saltaron todas as alarmas.

A lentitude da xustiza e das inspeccións ambientais xogou a favor de Altri e os portugueses perderon aquela guerra coa morte do seu mellor e maior esteiro e o dano segue visible aínda hoxe. Mentres todo isto era publicado nos medios de comunicación da república lusa, a empresa planeaba, en segredo, tomar por asalto as terras do Ulloa e repetir as mesmas promesas nos Concellos afectados pola pasteira bio, que venden como ecolóxica, e polo sucedido en Portugal, podemos poñer en corentena cada afirmación que pronuncien en voz alta aqueles representantes da empresa contaminante que destruíu Lisboa e o Tajo nun curto período de tempo.

«La mentira más común es aquella con la que un hombre se engaña a sí mismo». De Friedrich Nietzsche.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario