Hoxe, luns 1 de abril, rexístrase o refacho máximo de vento de 120 km/hora no Concello lugués de Cervantes, nos Ancares. O marca de choiva foi en Cededo-Cotobade con 29 litros por metro cadrado e Cabo Vilán, en Camariñas gañou en altura de onda con 4,54 metros, na costa coruñesa, pleno corazón da Costa da Morte.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no seu boletín de hoxe dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por COSTEIROS que afectará á Coruña (Noroeste) dende a madrugada do día 02/04/2024, martes, ata a tarde do mesmo día. Esta alerta será entre Mórdomo ( Entre Laxe e Vimianzo ) e o cabo do faro do Monte Louro de Muros e Punta Queixal. Colle un tramo occidental da Costa da Morte e outro tramo que pertence a costa sur da provincia da Coruña. Espérase mar combinada do suroeste aumentando de 4 metros na costa e ata 5 metros mar adentro, con vento do Suroeste de 62 a 74 km/h (forza 8).
Xa para mañá, martes día 2 de abril, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alerta dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia.
Parte de Galicia ten activos avisos amarelos por choiva intensa tamén para o martes.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunica que, en previsión destes feitos, se adopten as medidas preventivas necesarias segundo o protocolo.
Fotos @ribadeo_