O próximo 27 de abril, a Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda,  celebrará a XVI Foliada e a X Foliadiña no Local Social de As Pozacas

Este ano queren adicarlle a Foliada ás mulleres regueifeiras e ós homes regueifeiros da parroquia de Cerqueda. Os organizadores din que «na nosa parroquia  era moi coñecido o regueifeiro Celestino de Leduzo, pero estivemos falando con varios veciños e averiguamos que había máis improvisadoras e improvisadores orales na parroquia e a todas e todos eles queremos adicarlle este ano a Foliada. Dos que tivemos coñecemento foi de  Carmela do Ghoriño e á súa filla  Lola do Ghoriño, Florinda da Tera, Manuel dos Cotelos de Taraio e ó seu fillo Faustino Rodríguez, aínda que seguro que habería moitos máis».

Comenzan cunha sesión vermú ás 13:00 h que estará amenizada polos grupos de música da Asociación e o grupo PANSENFRON. Quen acuda á sesión vermú ademáis de tomar un vermú poderá comer alí e continuar pola tarde porque haberá REGUEIFA a cargo de Lupe Blanco e Suso de Xornes e tamén haberá obradoiros para nenos.

A partir das 18:30 comenza aFoliadiña para a cal hai anotados polo momento 11 grupos  e ó rematar a foliadiña, a continuación, a Foliada (contan coa participación de 27 grupos), máis ou menos polas 20:00 h e ata as 2.30 h da mañá.

Músicas e músicos de: Malpica, Camariñas, Ponteceso, Vimianzo, Caión, Muros, Santiago,Carballo, Lires, Fisterra, Dumbría, Agualada, Laxe, A Coruña, Cabana,  Zas e outros que poidan sumarse no último momento.

Haberá unha gran carpa, na que cada ano buscamos ambientala decorándoa, e este ano a decoración estará relacionada cos sobrados das casas de antes. Tamén sortearán moitos regalos pero sobre todo, haberá moita música  e baile para pasar unha noite divertida.

Comparte éste artículo
No hay comentarios