A popular lamenta a «hipocrisía ambiental» socialista nacionalista e e a súa «insensibilidade no tratamento do arborado da cidade de Lugo»
Un último exemplo a tala de árbores centenarias no parking de Santa María. Un expediente que incumpre a ordenanza ordenanza de parques, xardíns e arboredo urbano do ano 2008.
O concello de Lugo fixo unha deixadez de funcións incumprindo varios artigos desta normativa: no artigo 30 indícase que “a corta de árbores require de licenza ou autorización municipal para a boa conservación e mantemento das diferentes zonas verdes urbanas” e, “é evidente que se podería estar incumprido a norma, non só por estar prohibida a tala de árbores sen autorización expresa (artigo 32); senón tamén por non ter solicitado licenza, cando a creación ou reforma de zonas verdes está suxeita a licenza municipal (artigo 33)”.
“É necesario un proxecto específico sobre o arboredo; así coma a aprobación municipal tralo informe dos técnicos (artigo 4)”. Ademais, a propia ordenanza esixe que “nos aparcamentos de superficie que se constrúan haxa presenza de árbores (artigo 24)”. Ademáis no artigo 7 se insiste en que “os promotores de proxectos de ordanación urbanística procurarán o máximo respecto ás árbores e ás plantas existentes”.
“Por outra parte, dende o Grupo Municipal seguimos agardando polo informe de Medio Ambiente que solicitamos o 12 de marzo e que certifique que as árbores da rúa Montevideo estaban mal e que había que cortalas. Todo apunta a que non se facilita este texto porque non existe”.
“Tamén lamentamos que socialistas e nacionalistas permitiran o maltrato das árbores da cidade durante as obras de peonalización (é doado ver material de construción apoiado en troncos) ou a substitución de arborado en Lamas de Prado, Camiño Real … por xardineiras que presentan un aspecto descoidado por falta de mantemento; ou incluso a eliminación dalgunhas de porte en diversas intervencións urbanas como a contorna da igrexa do Carme”.
“E, por último, non hai que esquecer que arrincaron árbores en Río Ulla, Germán Alonso e López Guntín para facer o carril bici”.
A voceira popular Elena Candia conclúe que “estamos diante dun goberno que presume de sostenibilidade pero o seu ecoloxismo e respecto ao medio ambiente só se ve no edificio Impulso Verde e nun carril bici que ninguén usa”.