Foise Juan do Labrador de Laxe, un home bo e xeneroso

por Óscar de Souto

Hoxe é un día triste para Laxe. Informa Fernando del Moral Regaldie de Podemos Laxe do pasamento do compañeiro Juan Domínguez Busto (Juan do Labrador, 78 anos). Coñecido por un local de ocio, da súa propiedade, que tivera moito éxito polos anos 90 e ate o ano 2.000, pero principalmente vai ser lembrado por ser bo veciño e boa persoa. “Un home de ideas claras, férreos principios, un loitador, e en definitiva, un home bo”, dicía Fernando.

“A túa xente do equipo da nosa coalición de Unidas Podemos témolo claro: non morremos. Sementámonos. Hasta la victoria siempre”, así o despide Podemos Laxe.

Cando lle escapara o seu can, Braño, buscámolo ata na prensa ata atopalo, pois estaba moi unido a súa mascota, a súa familia e era moi amigo dos seus amigos. Agora queda Laxe sen ti, Juan, e seguiremos adiante contigo sempre no noso corazón.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario