Xurxo Doval: “As matrículas universitarias poderán ser gratuítas no próximo curso se Rueda quere”

por Redacción Galicia

A organización anunciou que a próxima semana debaterase no Parlamento de Galicia a súa PNL enfocada nos «problemas reais» do estudantado universitario e de ciclos superiores

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) anunciaron que a próxima semana debaterase no Parlamento de Galicia a súa PNL enfocada nos “problemas reais” do estudantado universitario e de ciclos superiores.

Concretamente, a medida resúmese en 4 puntos fundamentais:

  • Primeiras matrículas universitarias de grao e máster, totalmente gratuítas, seguindo os modelos escandinavos ou o propio andaluz.
  • Redución nun 50% das matrículas de segunda e sucesivas convocatorias.
  • Bolsa de axudas para estudantes universitarios e de ciclos superiores en risco de exclusión social e que fagan os seus estudos noutras cidades galegas, e que lles cubran a luz, auga, gas e wi-fi.
  • Que sexan complementarias coas axudas do Estado.

Dende a organización moza xustifícase en que “os dous primeiros responden a unha necesidade de ter un sistema educativo 100% accesible, e a terceira á incerteza económica e social que estamos a vivir consecuencia dos conflitos internacionais e ao custe da vida”.

O secretario xeral da organización, Xurxo Doval, lamentou que “Rueda aposte polo continuísmo na Consellería, repetindo quen traizoou  ao SUG cunha Universidade Privada, e ao responsable do maior peche de aulas da última década”.

O líder mozo considerou que “se realmente queren amosar que están libres da man de Feijóo, que comecen por cumprir coa súa promesa electoral, a que votaron un mes antes en contra. As matrículas universitarias poderán ser gratuítas no próximo curso se Rueda quere”.

Finalmente, agradeceulle a Besteiro o feito de que a primeira PNL do grupo Parlamentario sexa esta o que “nós dá un balón de osíxeno para comezar a marcar axenda parlamentaria”.

Trenes Avril

Doutra banda, o mozo socialista cualificou como fito histórico “o inicio da venta dos billetes Avril e a chegada destes a partires do mes de maio”. “O goberno de Pedro Sánchez cumpre con Galicia fronte o de Rajoy, quen nos privou do dereito ferroviario da alta velocidade durante o seu mandato”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario