O PP recoñece o traballo de asociacións como JuanSoñador que atende de forma continua a máis de medio millar de persoas en situación de vulnerabilidade

por Redacción Lugo

Os populares insisten en que o concello ten que actualizar as bases das axudas ás entidades sociais así como axilizar os pagos ou facilitar os anticipos das mesmas a esta organización que traballan con persoas vulnerables e que moitas veces ven limitadas a súas accións por falta de recursos económicos.

–              Os populares poñen en valor o esforzo que realizan as entidades sociais en programas de atención ás persoas vulnerables, á poboación migrante e, definitivamente, ás persoas e ás familias.

–              Dentro das xuntanzas de escoita activa que desenvolve o Grupo Popular con diferentes colectivos a voceira Elena Candia e o edil Gustavo Díaz coñeceron da man de directivos e técnicos da Fundación JuanSoñador diferentes proxectos nos que están a traballar coa infancia e con familias en situación de pobreza, migrantes e outros colectivos en situación de vulnerabilidade.

–              Elena Candia puxo en valor o traballo da Fundación JuanSoñador en prol da protección dos dereitos e a dignidade das persoas salientando «a gran implicación da entidade que ten a súa sede na zona norte da cidade e onde atende, de forma continuada, a  medio millar de persoas».

–              As entidades sociais, como JuanSoñador, deben ser consideradas como unha alternativa á falta de uso e xestión de centros como o Paco martín. Un centro infrautilizado e cunha total falta de xestión que podería dotarse de actividade e contenido se se tivese en consideración a moitas entidades sociais que poderían facer unha labor importante nos mesmos.

–              O Partido Popular bota en falta «un maior apoio e recoñecemento por parte do concello ás entidades como JuanSoñador subliñando «que manexa un orzamento de máis de medio millón de euros para impulsar en Lugo proxectos para búsqueda de emprego, formación e atención á infancia, co apoio da Xunta de Galicia e entidades privadas como a Fundación «La Caixa».

–              Outro asunto que o PP reitera é a necesidade de axilizar a convocatoria e os pagos das axudas municipais así como a revisión das bases das subvencións municipais

–              De feito o Grupo Popular  presentou unha emenda aos orzamentos de 2024 para engadir nos convenios de colaboración con entidades sociais para a concesión de subvencións nominativas a posibilidade de realizar pagamentos anticipados que suporán a entrega de fondos con caracter previo á xustificación, como finanzamento necesario para poder levar as actuacións inherentes á subvención.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario