Polo mes de febreiro de 2018 a Asociación Ecoloxista Mar de Fábula conseguía por primeira vez sentar nunha mesma sala a mariscadores, alcaldes, biólogos, xornalistas e representantes da Xunta de Galicia encargados da análise das mostras onde coas que se determina se as zonas de marisqueo son vermellas ou verdes, abertas ou pechadas. Esa foi a primeira e a última vez que se facía un intento para poñer a todos de acordo para abordar un problema de interese xeral que afecta a moitas persoas. No resumo daquela xuntanza na Fundación Eduardo Pondal, en O Couto, no Concello de Ponteceso destaquei dous puntos clave: 1/ o ex Alcalde socialista, Lois Carballido, abandonaba a reunión de súpeto, aos poucos minutos, pois tiña unha reunión urxente cunha coral dunha parroquia da zona, ( falta de responsabilidade política e de interese polo asunto a debate), e punto número 2/ as toxinas e-coli non lle din aos analistas da Xunta de onde proceden, as toxinas non falan.
Focos múltiples e difíciles de localizar.
O número de cruceiros e grandes barcos de mercadorías que pasan pola nosa costa, polo corredor marítimo de Fisterra, aumenta cada ano e poden liberar as súas augas residuais de forma legal a tres millas da Costa, unha cuestión grave pois a cantidade de residuos dun só cruceiro de grandes dimensións pode superar a cantidade de auga residual que emite a nosa Comarca en todo un ano, foco número un das toxinas procedentes do Atlántico.
Tamén temos fugas de pequena entidade nas estacións de bombeo e captación, faltando depuradoras eficientes, e tendo en conta esas verteduras ilegais por toda a conca dos nosos rios, difíciles de detectar e solucionar. Sabe a Xunta e os especialistas nesta materia que isto é así, que unha porcentaxe das lavadoras e fosas sépticas van directas ao rio, pero esta contaminación ilegal, ten unha complexa solución a corto prazo, é necesaria a implicación da veciñanza e dos Concellos. As granxas e a actividade agrícola forma parte tamén desta problemática múltiple e tamén son os propietarios das explotacións os que poderían evitar eses “sentinazos” que, directa ou indirectamente, acaban chegando os esteiros e a costa aumentando o número de toxinas e provocando as mareas vermellas.
Hoxe Augas de Galicia actuaba en Ponteceso eliminando tres focos de contaminación que afectaban o río Anllóns.
Augas de Galicia, informa de distintas inspeccións rutinarias do persoal do programa de control de verteduras que constata a existencia de aportes de augas residuais en distintas zonas da localidade de Ponteceso procedentes de vivendas particulares, algunha próxima a unha explotación gandeira.
No lugar de Carballido, parroquia de A Graña, atopan unha vertedura no río Pelamios.
Dous focos detectáronos no lugar de A Campara, parroquia de Cores, vertían ca un rego pertencente á conca do río Anllóns. Por iso, os técnicos de Augas de Galicia só comunicaron a estes propietarios para que adoptasen medidas correctoras oportunas. Algo que ocorre ao longo dos Concellos por onde discorre este río e outros ríos que rematan en esteiros con explotacións marisqueiras que viven da extracción de moluscos, crustáceos, percebeiros, navallas e longueiróns, ourizos de mar, sumado a afectación grave no sector pesqueiro, tanto peixe como outros moitos produtos do mar, incluídas as algas de consumo humano. Todo esta interconectado e o que facemos mal en terra firme acaba afectando o río e o futuro do noso mar. Temos parte da solución nas nosas mans.
Foto portada, Óscar de Souto: Reunión de febreiro do 2018 na Fundación Eduardo Pondal