O PP de Lugo: «Un informe técnico considera insuficiente a dotación económica para pagar ao persoal de  limpeza dos edificios municipais»

por Redacción Lugo

Tras 8 anos de contrato caducado, e logo de que pasase máis dun ano dende que se licitou seguimos agardando a que o goberno local  resolva esta  adxudicación

  • O PP advirte que un informe técnico municipal ve na oferta máis vantaxosa, coa mellor calidade prezo, proposta pola mesa de contratación da limpeza dos edificios do concello “incoherencias coa oferta técnica, o que faría inviable a execución do contrato nos termos que propón o licitador” (1)
  • A concelleira popular Mar Carballas explica que “o informe considera insuficiente a dotación económica que corresponde aos custos de persoal”
  • Outra cuestión sobre a que reflexionan os populares é que como os pregos son do ano 2023 “non teñen en conta os acordos aos que se chegou recentemente trala folga de limpeza para incrementar o salario aos máis dun cento de traballadores que prestan servizo nas dependencias municipais” 
  • Lamentamos a falta de axilidade para adxudicar un contrato que leva oito anos caducado e dado que as condicións se fixaron hai un ano tampouco incorporan o acordo acadado no pleno, a instancias do PP,  para que o persoal da limpeza do Concello teña un convenio propio.
  •  “Non só nos preocupa que non se incorporen as melloras salariais pactadas, senon que tamén queremos saber se o servizo cubrirá as novas dependencias, xa que o custe de limpalas non pode exceder (tal e como figura nos pregos de condicións) do 20% do contrato total. Hai que ter en conta que entre as novas dotacións obxecto do contrato podería sumarse, cando se abra, o novo Auditorio de Magoi, adamais das Caldas, a Casa coliving, o Impulso Verde e a zona de musealización da cloaca e centro social poeta Aquilino Iglesia.
  • Os populares preguntarán en comisión “se unha vez que se adxudique o contrato de limpezanas dependencias e Centros de Educación de infantil e primaria se van actualizar os pregos de condicións e proceder ao reequilibrio económico para reflejar os aumentos salariais e cubrir as novas dependencias”.

CONTRATO LIMPEZA

  • A licitación deste contrato publicouse na plataforma de contratos do Estado en Marzo de 2023
  • Leva OITO ANOS CADUCADO
  • Mesa de contratación de febreiro: presentan ofertas 7 Empresas   e a que a máis vantaxosa coa mellor relación calidade prezo condicionada a comprobación do Servizo de Medio Ambiente
  • Acta 21 de abril 2024 indícase que dan un trámite de audiencia de DEZ días hábiles para que a empresa presenta as alegacións oportunas
  • Pasado o prazo neste momento estamos á espera de que se convoque a Mesa de Contración para ver que decisión se toma, e coñecer se houbo alegacións por parte da empresa

(1) O informe técnico de Medio Ambiente especifica que a oferta económicamente máis vantaxosa ten incoherencias e así se recolle nas súas conclusións: Considérase que a oferta económica NON presenta a coherencia debida coa oferta técnica presentada, considerándose insuficiente a dotación económica correspondente aos custos de persoal, facendo inviable a execución do contrato nos termos que propón este licitador.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario