A súa actuación será o sábado 12 de outubro no Teatro Colón e as entradas para a sesión das 18.30 horas saen hoxe á venda
O humorista Goyo Jiménez, recentemente recoñecido polo Encontro Mundial de Humorismo da Coruña, actuará o sábado 12 de outubro no Teatro Colón ás 18.30 tras encher dúas funcións esa mesma fin de semana. As entradas póñense hoxe, ás 12.00 horas, á venda e están dispoñibles en Ataquilla.
Goyo Jiménez pasará pola cidade presentando o seu novo show ‘Misery Class’ Este anuncio chega tras esgotar dúas funcións esa mesma fin de semana e vender máis de 1500 entradas. Jiménez foi homenaxeado pola súa traxectoria co Premio EMHU 2024 nesta pasada edición do evento humorístico máis importante a nivel nacional. O Goberno de Inés Rey segue elaborando unha programación cultural e de ocio para todo tipo de públicos, primando sempre a calidade e os espectáculos de grande éxito, como é ‘Misery Class’.
Estas datas na cidade atópanse enmarcada nunha xira por Galicia para presentar o seu novo show ‘Misery Class’ no mes de outubro. O cómico, un dos grandes expoñentes da comedia española presenta un espectáculo escrito desde o seu punto de vista como persoa e non como personaxe, produto da súa análise do que lle rodea e que consegue ata ofrecer solucións. Un espectáculo que trata sobre a ‘Misery Class’, o lugar onde están a maioría das persoas.