Silvia Colmenero: “É unha tomadura de pelo que Paula Alvarellos aínda non  teña decidido o modelo de xestión do auditorio de Magoi”

por Redacción Lugo

Logo de que a alcaldesa, no balanzo dos 100 días de goberno, afirmase que deran pasos para definir o modelo de xestión do auditorio hoxe se confirma que “ou ben mentiron, ou ben non traballaron” xa que a día de hoxe o único que se fixo foi manter reunións internas con técnicos municipais

Silvia Colmenero afirma que  “ou ben hai unha falta de traballo ou ben minten, dicimos isto porque a alcaldesa, no balance dos 100 días, expresou a vontade de abrilo en breve indicando que xa se deran os pasos para definir o seu modelo de xestión”.

Os populares lembran como pasou un mes dende estas declaracións e o único que fixo Paula Alvarellos, tal e como nos confirmaron hoxe na comisión, foi manter reunións internas con técnicos de diferentes servizos municipais.

“O grave é que imos para 4 anos dende que o goberno local recibiu ás chaves do Auditorio etanto PSOE como BNG á pregunta de se se abrirá antes do mes de xullo deste anos contestan que está en precario”.

O resto das cuestións que preguntou o Grupo Municipal na Comisión de Contas correron a mesma sorte.

Sobre os termómetros exteriores que había na cidade supeditan a súa colocación ao proxecto de zonas de baixas emisións cando saben que non aparecen estes elementos por ningún lugar, por tanto MINTEN.

Con respecto ás peticións de licenzas para rehabilitar na tinería os números 18 e 22, informan que “curiosamente” tres días despois de rexistrar a nosa pregunta envian un requerimento ao IGUS, propietaro dos inmobles. A popular reflexionaba que é outra proba de que “este goberno local só traballa a golpe das preguntas e rogos que presentamos”.

Xa con respecto as bases das axudas para rehabilitación no Casco Histórico volven a derivar a responsabilidade aos persoal municipal co risco de perder a convocatoria.

Os populares lamentaron “o novo modelo de contestación do goberno local” que diante da pregunta sobre o uso do Impulso Verde remiten á información que se publica nos medios. “É unha falta de respeto á opoisición” concluía Colmenero.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario