O PP censura que Tomé e o goberno da Deputación de Lugo se neguen a axilizar os trámites “para que os veciños poidan dispoñer canto antes da residencia de Folgoso do Courel

por Redacción Lugo

PSOE e BNG votaron en contra dunha iniciativa do Partido Popular para esixir á institución provincial impulsar os trámites para iniciar a construción de forma inmediata, dando cumprimento á parte que lle corresponde segundo o convenio asinado co Concello no 2018, que saíu rexeitada co voto de calidade do presidente da institución provincia,

  • Lola Castro explica que «o Concello cumpriu coa súa parte e levamos máis dun ano agardando para que modifiquen os prezos recollidos no proxecto, que foi o que nos contaron na reunión de decembro do 2022, a última que mantivemos ata a data porque non nos responden á solicitude de novas reunións para coñecer o estado do proxecto»
  • A popular tamén especifica que «faltan á verdade» cando din que «non hai prazos establecidos» cando a segunda addenda ao convenio establece como data límite para a licitación, remate e recibimento das obras o 26 de xullo de 2025
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario