O PP é a garantía para defender o sector pesqueiro fronte a PSOE e BNG con candidatas ecoloxistas e aliadas cos verdes que apostan por prohibir a pesca de fondo

por Redacción Lugo

Elena Candia presidiu a reunión comarcal celebrada en Foz e á que asistiu o presidente do PP local, Javier Castiñeira, alcaldes, portavoces e concelleiros para abordar «os efectos das políticas da UE para A Mariña e os mariñáns».

  • A presidenta provincial definiu ao Partido Popular como «o partido da xente do mar» e sinalou como «exemplos do peso que ten a pesca para o PP» a proposta para reformar a Política Pesqueira Común e crear un Comisario específico
  • Con respecto á incidencia do traballo do PP en Europa para os agricultores e gandeiros, explicou que «foi o que propuxo flexibilizar os criterios da PAC e o que logrou que a Comisión Europea se posicionara para rebaixar a protección do lobo»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario