Desde as 15,00 horas do venres, 31 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 2 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 58 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 31 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 2 de xuño. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 22 accidentes de tráfico.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 58 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59% e do 41% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.
Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia | Accidentes |
A Coruña | 21 |
Lugo | 7 |
Ourense | 0 |
Pontevedra | 20 |
Galicia | 48 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 55. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 45 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes
En 46 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.