As eleccións europeas. Por Héctor Sánchez

por Héctor Sánchez

Héctor Sánchez

A Unión Europea foi creada en novembro de 1993 polos Poderes Económicos Europeos en beneficio dos seus intereses, e fixeron que os Partidos máis fortes dos Países máis fortes serviran aos intereses capitalistas, e aos seus propios intereses políticos e económicos coma Partido.

Na súa estrutura dotada de sete Institucións, hai dúas claves coma o Concello Europeo que dirixe a política real, e o Banco Central Europeo que dirixe a política monetaria.

 O Parlamento Europeo serve para darlle aparencia democrática, con mínima efectividade e que é máis ben un foro de propaganda.

Este foro está pagado de fábula xa que @s 705 europarlamentari@s -720 a partir de agora- cobran cada mes 10.075 euros brutos -netos 7.853-  dietas xerais por 4.950, dietas distancia 350, ademais de 28.000 euros para asistentes.

     A UE está constituída por 27 países.

     Nas Eleccións do 2.019, ao Estado Español correspondeulle 54 -nestas de 2024 serán 61 por motivos demográficos-.

     Nos resultados no Estado o PSOE tivo 20, PP 12, Cs 7, Esquerda Unida e Podemos 6, Agora Repúblicas -BNG, Bildu, ERC 3-, Vox 3, Xunts 2, CEUS 1.

FEITOS IMPORTANTES NA UNIÓN EUROPEA E NO ESTADO ESPAÑOL 

Pódese facer un breve resumo do que ocorreu dende as eleccións de 2019.

OS DOUS FEITOS MAIS IMPORTANTES

1) A GUERRA DESATADA ENTRE RUSIA, UCRAINA E OCCIDENTE- dirixido por Estados Unidos- influeu en toda Europa.

Ao boicot promovido por Estados Unidos contra os produtos rusos, Rusia respostou abrindo novos mercados en países de Asia e América Latina.

ECONOMICAMENTE, con menos produtos e mesma demanda, hai unha impresionante SUBA DOS PREZOS, especialmente na Alimentación e na Enerxía, que afecta fundamentalmente aos sectores máis desfavorecidos, e beneficia a Estados Unidos que coloca os seus produtos -gas, petróleo…- a un prezo máis caro.

A resposta da UE foi de absoluto vasalaxe ao que EEUU quería, e ninguén promoveu ningún Movimento Contra a Guerra dado que iría contra o obxectivo fundamental que é ganar a guerra, así coma o obxectivo fundamental ruso é non perder a guerra que iniciou ao invadir Ucraína.

Dado que a inflación aumentou moito, entrou en acción o Banco Central Europeo -BCE- para que o gran capital non perdera, baixo a fórmula de aumentar o tipo de interés do diñeiro ao  4,5% -baixarono onte a 4,25% antes das Eleccións Europeas- polo cal afogou a moita xente cas hipotecas, facéndolle ganar máis diñeiro ao Poder dos Bancos.

POLITICAMENTE, é máis visible e moi descarado o dominio de EEUU, así coma deixa máis visible a vasalaxe europea, incluso de Partidos chamados Progresistas que parecían peóns de apoio.

 MILITARMENTE, de novo o principal beneficiado é EEUU que vende máis armas que ninguén.

MEDIATICAMENTE, tamén os Medios e Xornalistas chamados Progresistas actuaron coma peóns de Occidente, querendo disfrazándoo cuns poucos artigos críticos.

2) O XENOCIDIO DE ISRAEL CONTRA PALESTINA

   O ataque de Hamás en Israel pensado para que o tema de Palestina entrara na política internacional,  inevitablemente tería unha resposta violenta dun Goberno moi violento apoiado por EEUU e parte de Occidente.

 A resposta foi máis que violenta. Foi ASASINA TOTAL.

Impresiona as imaxes que vimos da destrucción dun pobo sen armas por un aparello armado con bombas, mísis, a tecnoloxía máis avanzada, en parte dadas por EEUU e países occidentais, coma o Goberno dirixido polo PSOE.

Nestes últimos meses foron de novo as mozas e mozos que fixeron protestas públicas comezando por estudantes de EEUU e continuada en Galicia, noutras Comunidades, noutros países europeos e latinos.

CONSECUENCIAS POLÍTICAS

Xa dende o 2020 houbo varias Eleccións Xerais nas que Gobernos de centro dereita e esquerda foron substituidos por Gobernos de Dereita pura e dura en connivencia ca Ultradereita salvaxe.

Os Partidos e Medios falan moito deste avance da Dereita Extrema remarcando as súas habilidades de manipulación, e ocultando un fracaso enorme xa que a SUBA DOS PREZOS é o principal factor de que moita xente se abstivera ou votara algo máis á Dereita Extrema.

 Algo que pasará nas Eleccións Europeas, a diferenza de Polonia na cal a Dereita Extrema fracasou e moita xente votou a Partidos Progresistas que agora teñen o Goberno.

Lín os programas electorais de varios Partidos Progresistas, vexo, oigo, leo  Xornais Progresistas e NINGUEN FALA DA SUBA DE PREZOS.

E un feito absolutamente fantástico e penosamente real.

E ollo co chamado «Voto Util» ao PSOE para que non avance a Dereita Extrema porque o PSOE manexa o cal e a area cunha gran habilidade.

     Pensemos.

  Que efectos prácticos, reais, ten recoñecer a Palestina coma Estado, e sumarse á querela de Sudáfrica contra Israel presentada no Tribunal Internacional de Xustiza-cousas boas anque propagandistas-  cando o práctico e real que fan é darlle armas a Israel?.

 O PENSAMENTO CRÌTICO ESTA DESAPARECENDO PORQUE O SISTEMA LOGROU QUE MOITA XENTE NON QUERE PENSAR E PREFIRE EVADIRSE DA DURA REALIDADE CA FANTASÍA DAS REDES SOCIAIS.

  Polo menos, podemos votar a quen quere cambios reais e teña máis forza para influír no mundo político, económico, mediático e noutros mundos máis.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario