A voceira popular Elena Candia valora a publicación esta mañá no Diario Oficial de Galicia a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural do patrimonio inmaterial a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento
A popular aclara que o recoñecemento de BIC supón un salto cualitativo que temos que aproveitar a nivel cultural e tamén turístico xa que «ademáis de aumentar o prestixio da cidade, permite acceder a axudas económicas para a súa promoción e difusión e supón un incentivo para salvagardar esta tradición».
Este recoñecemento súmase aos tres patrimonios da humanidade que ten Lugo e que supoñen un orgullo para toda a cidadanía