A Deputación da Coruña destina 2,3 M€ a 1.106 profesionais autónomos da provincia

por Redacción A Coruña

Autónomos con domicilio fiscal nos concellos de Ordes, Teo, Boiro, Sada, Noia e Fisterra son os que aglutinan a meirande parte de solicitudes concedidas

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a resolución de concesión definitiva das axudas da liña PEL-AUTÓNOM@S do Plan de Emprego Local (PEL), que sufragará parte dos custos por cotas á Seguridade Social dos/as traballadores/as por conta propia que conten cunha antigüidade inferior a cinco anos de alta e que teñan a súa sede social nun concello de menos de 20.000 habitantes.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que ao abeiro deste programa, un total de 1.106 profesionais autónomos recibirán este ano entre 1.200 e 2.400 euros para axudarlles no pago das cotas á Seguridade Social, cun investimento total que supera os 2,3 millóns de euros.

Formoso subiñou «a importancia clave dos autónomos na economía e na creación de emprego en Galicia», un colectivo ao que pertencen máis de 205.000 persoas na nosa comunidade. «Por iso decidimos crear esta liña de axudas, que cada ano é unha das máis demandadas do PEL, e incrementar o seu orzamento do millón de euros consignado no orzamento inicial aos 2,3 millóns, co obxectivo de atender o maior número de solicitudes posible», apuntou.

O presidente incidiu tamén en que as axudas van destinadas aos profesionais que exercen nos concellos de menor tamaño da provincia, co obxectivo de «favorecer o emprego e contribuír á fixación de poboación no rural», un dos obxectivos estratéxicos do goberno provincial no presente mandato.

Esta liña de axudas a autónomos é unha das que integran o PEL, unha aposta transversal do Goberno da Deputación á que se destinaron 106 millóns de euros nos últimos anos a través de diferentes axudas para contratar persoal, impulsar o emprendemento, apoiar o crecemento dos pequenos negocios e dos traballadores e traballadoras autónomos. Desde o seu inicio, o PEL permitiu a creación de 7.046 empregos nos sectores público e privado.

Ordes, Teo, Boiro, Sada, Noia e Fisterra aglutinan o maior número de axudas concedidas

En canto á distribución das axudas por concellos, os que contan cun maior número de solicitudes concedidas nesta convocatoria son: Ordes, con 43 solicitudes que supoñen un montante de 101.800 euros; Teo, cun total de 42 solicitudes concedidas por importe de 97.400 euros; e Boiro con 39 concesións e 88.400 euros en axudas, seguidos de Sada, Noia e Fisterra con 38, 37 e 34 profesionais autónomos/as beneficiarios/as e uns importes concedidos por concello de 88.600 euros, 81.600 euros e 79.200 euros. Entre estes seis concellos aglutinan o 22,93% das solicitudes concedidas totais.

Segundo o domicilio fiscal, obsérvase que os municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes son os máis numerosos entre as persoas beneficiarias, con 428 concesións (42,13% do total), seguidos dos municipios de entre 10.000 a 19.999 habitantes, con 264 concesións (25,98% sobre o total).

En canto a distribución das concesións por comarcas, Santiago é a que concentra un maior número de solicitudes concedidas, con 308 o que representa un 30,31%, por un importe de 712.800 euros; seguida da de Bergantiños-Costa da Morte con 202 concesións, un 19,88 % do total por un importe de 464.500 euros.

Cabe destacar que das 1.016 persoas beneficiarias ás que se lles concede a axuda, 429 son mulleres autónomas. Isto supón o 42,22 % do total.

Por sector de actividade, o terciario é o máis favorecido cun 66,99 % das concesións, especialmente o comercio (10,93%); seguido por unha actividade do sector secundario construción e reformas (10,63 %). No sector primario destaca a actividade agrícola que comprende o 3,35 % das concedidas.

Dos sectores considerados estratéxicos, destacan as persoas autónomas dedicadas ás actividades agrícola, gandeira, forestal e pesqueira, cun 17,91% das concesións, é dicir 182, seguidas das que teñen como actividade o comercio con 12,50% concesións (12,50% das concesións) e, en terceiro lugar, os e as que se dedican ao transporte, con 48 concesións (un 4,72% do total).

Do total de persoas beneficiarias, 631 non o tiñan sido en anualidades anteriores, o que supón que o 62,11% do total das persoas autónomas ás que se lle concede a axuda é a primeira vez que a recibirán.

A listaxe completa das persoas profesionais autónomas que se beneficiarán este ano das axudas de PEL-Autónom@s pode consultarse na seguinte ligazón:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/12/2024_0000004102.html

Solicitudes concedidas por comarca
ComarcaConcelloNúm.% concedidasImporte concedido% importe concedido
BARBANZABoiro393,84 %88.400,00 €3,77 %
Carnota121,18 %27.400,00 €1,17 %
Lousame10,10 %2.400,00 €0,10 %
Mazaricos181,77 %42.000,00 €1,79 %
Muros191,87 %42.800,00 €1,83 %
Noia373,64 %81.600,00 €3,48 %
Outes141,38 %31.800,00 €1,36 %
Pobra do Caramiñal, A80,79 %19.200,00 €0,82 %
Porto do Son121,18 %28.000,00 €1,19 %
Rianxo151,48 %36.000,00 €1,54 %
BARBANZA17517,22 %399.600,00 €17,05 %
BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTECabana de bergantiños222,17 %51.800,00 €2,21 %
Camariñas151,48 %33.600,00 €1,43 %
Cee212,07 %49.800,00 €2,13 %
Cerceda60,59 %14.400,00 €0,61 %
Corcubión80,79 %17.800,00 €0,76 %
Coristanco100,98 %22.000,00 €0,94 %
Dumbría60,59 %13.200,00 €0,56 %
Fisterra343,35 %79.200,00 €3,38 %
Laracha, A181,77 %41.800,00 €1,78 %
Laxe90,89 %20.200,00 €0,86 %
Malpica de Bergantiños40,39 %9.600,00 €0,41 %
Muxía131,28 %30.300,00 €1,29 %
Ponteceso141,38 %31.800,00 €1,36 %
Vimianzo111,08 %25.600,00 €1,09 %
Zas111,08 %23.400,00 €1,00 %
BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE20219,88 %464.500,00 €19,82 %
CORUÑA-AS MARIÑASAbegondo90,89 %21.200,00 €0,90 %
Aranga40,39 %8.600,00 €0,37 %
Bergondo90,89 %21.600,00 €0,92 %
Betanzos232,26 %54.200,00 €2,31 %
Carral70,69 %16.800,00 €0,72 %
Coirós30,30 %7.200,00 €0,31 %
Curtis171,67 %39.600,00 €1,69 %
Irixoa30,30 %7.000,00 €0,30 %
Mesía50,49 %12.000,00 €0,51 %
Miño191,87 %45.400,00 €1,94 %
Oza-Cesuras111,08 %24.800,00 €1,06 %
Paderne121,18 %27.800,00 €1,19 %
Sada383,74 %88.600,00 €3,78 %
Sobrado60,59 %14.368,80 €0,61 %
Vilasantar40,39 %8.400,00 €0,36 %
CORUÑA- AS MARIÑAS17016,73 %397.568,80 €16,97 %
FERROLTERRA, EUME E ORTEGALAres100,98 %22.000,00 €0,94 %
Cabanas50,49 %12.000,00 €0,51 %
Capela, A20,20 %4.800,00 €0,20 %
Cariño151,48 %34.400,00 €1,47 %
Cedeira191,87 %43.800,00 €1,87 %
Cerdido60,59 %14.000,00 €0,60 %
Fene111,08 %24.400,00 €1,04 %
Mañón40,39 %9.600,00 €0,41 %
Moeche60,59 %13.000,00 €0,55 %
Monfero30,30 %6.000,00 €0,26 %
Mugardos100,98 %23.200,00 €0,99 %
Neda50,49 %12.000,00 €0,51 %
Ortigueira181,77 %40.600,00 €1,73 %
Pontedeume141,38 %33.000,00 €1,41 %
Pontes de García Rodríguez, As100,98 %23.800,00 €1,02 %
San sadurniño70,69 %16.000,00 €0,68 %
Somozas, as40,39 %8.600,00 €0,37 %
Valdoviño90,89 %21.200,00 €0,90 %
Vilarmaior30,30 %6.400,00 €0,27 %
FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL16115,85 %368.800,00 €15,74 %
COMPOSTELAArzúa131,28 %30.600,00 €1,31 %
Baña, A60,59 %14.400,00 €0,61 %
Boimorto30,30 %6.200,00 €0,26 %
Boqueixón90,89 %20.000,00 €0,85 %
Brión201,97 %46.600,00 €1,99 %
Dodro30,30 %6.600,00 €0,28 %
Frades70,69 %15.200,00 €0,65 %
Melide121,18 %28.600,00 €1,22 %
Negreira191,87 %43.800,00 €1,87 %
Ordes434,23 %101.800,00 €4,34 %
Oroso191,87 %43.800,00 €1,87 %
Padrón111,08 %24.000,00 €1,02 %
Pino, O111,08 %23.600,00 €1,01 %
Rois80,79 %18.200,00 €0,78 %
Santa comba302,95 %70.800,00 €3,02 %
Santiso70,69 %16.800,00 €0,72 %
Teo424,13 %97.400,00 €4,16 %
Toques30,30 %7.200,00 €0,31 %
Tordoia40,39 %8.400,00 €0,36 %
Touro50,49 %11.400,00 €0,49 %
Trazo60,59 %14.400,00 €0,61 %
Val do Dubra131,28 %30.200,00 €1,29 %
Vedra141,38 %32.800,00 €1,40 %
COMPOSTELA30830,31 %712.800,00 €30,42 %
Total Resultado1016100,00 %2.343.268,80 €100,00 %
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario