A Xunta abre mañá o prazo para solicitar estadías no programa Benestar en Balnearios

por Redacción Galicia

Ofértanse máis de 1.230 prazas en 15 establecementos de toda a Comunidade para persoas maiores de 60 anos

Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a nova convocatoria do programa Benestar en Balnearios, que ofrece estadías en 15 establecementos da nosa comunidade para maiores de 60 anos. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes a partir de mañá e durante un mes de prazo.

Na edición deste ano auméntanse as prazas dispoñibles ata superar as 1.230 e tamén se aumentan as quendas aos meses de verán, de maneira que aquelas persoas que así o desexen poidan desfrutar deste programa desde o mes de xullo a decembro. O programa oferta estadías de 10 días en réxime de pensión completa. A Xunta destina a esta convocatoria un 9% máis que na pasada edición, isto é, un orzamento de 300.000 euros.

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. De maneira opcional, poderanse presentar por rexistro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario